Navegando polos artigos etiquetados como " obras"

Casetas de madeira tratada en autoclave

Feb 9, 2012   //   por madeiraslamas   //   Blog  //  Sen comentarios

También puede leer este artículo en castellano

Construcción de caseta de madeira tratada en Narón (A Coruña)

Da mesma maneira que a caseta que poden ver á súa esquerda, un novo apartado da nosa páxina web está tamén en construción, a piques de ver a luz.

Por que unha caseta? Pois precisamente porque esta nova sección estará dedicada a promocionar as nosas casetas de pino tratado en autoclave.

Nesta sección ofreceremos uns deseños básicos, cunhas medidas estándar e os seus prezos de referencia, para que os visitantes teñan unha idea do que podemos ofrecerlles.

Con todo, a cousa non queda aí. En Madeiras Lamas atendemos as suxestións dos nosos clientes, modificando o deseño das casetas, adaptándoo ás súas necesidades particulares.

Somos conscientes de que unha caseta pode estar destinada a usos diversos. Por iso, se o cliente necesita unha caseta máis grande ou unha porta máis ancha, para que haxa sitio para os seus utensilios, ou máis fiestras, para mellorar a iluminación natural, nós modificamos o deseño.

E iso non é todo. Ademais das vantaxes da personalización, poden beneficiarse das garantías da madeira tratada en autoclave, que non vai atopar noutros produtos sen tratamento ou con tratamentos superficiais.

As nosas casetas están preparadas e garantidas durante 10 anos para resistir o contacto directo coa auga e o ataque de insectos e fungos. Do único que se terá que preocupar é do mantemento da superficie, para que a madeira conserve a súa cor e textura durante máis tempo. A aplicación dun lasur da tonalidade que máis goste será suficiente.

Quen se ocupa da montaxe? Se desexa ser vostede o encargado de montar a súa caseta, pídanos un orzamento do material. Se quere, nós encargarémosnos de todo, orzamentando material e montaxe. O noso persoal, con experiencia en montaxes en obra pública e instalacións particulares, encargarase de construir a caseta.

Estamos á súa disposición para darlle máis información. Contacte connosco e atenderemos a súa solicitude.

Obra na Toxa: un fogar para os burros fariñeiros

Set 27, 2011   //   por madeiraslamas   //   Blog  //  Sen comentarios

También puede leer este artículo en castellano

Di unha lenda, recollida na obra da insigne escritora Dona Emilia Pardo Bazán, que un asno sanou tras enfouzarse nas lamaceiras termais da illa da Toxa e probar as súas augas mineromedicinais.

Caseta para asnos na Toxa

Curiosa historia a deste burro. Certa ou non, o asno é un animal que servíu fielmente ao ser humano e a día de hoxe, por estas latitudes, corre perigo de desaparecer. No Concello de O Grove  puxeron en marcha un proxecto de preservación do burro fariñeiro e deron acollida na illa da Toxa a Emilia e Pardo, os peculiares inquilinos dunha finca situada nun lugar encantador.

O lector preguntarase: por que estes de Madeiras Lamas se poñen a falar de burros no seu blog? A resposta é simple: fomos os encargados de fornecer e montar a madeira tratada no novo fogar destes animais: unha caseta que fai a función de corte, outra que serve de almacén, uns valados con pasamáns, un portal, bancos para os visitantes, cartelería.

No Galicia Noticias Serán da TVG tamén fixeron mención á noticia. Poden velo a partir do minuto 24:

Nestas ligazóns teñen máis información e pódese ver parte do noso traballo:

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/09/04/0003_201109A4C7991.htm

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/09/16/preparadas-instalaciones-acoger-pareja-asnos-habitara-toxa/580760.html

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/09/25/0003_201109A25C11991.htm

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/09/24/burros-farineiros-adquiridos-concello-refugio-toxa/582816.html

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies