Casetas de madeira tratada en autoclave
También puede leer este artículo en castellano
Da mesma maneira que a caseta que poden ver á súa esquerda, un novo apartado da nosa páxina web está tamén en construción, a piques de ver a luz.
Por que unha caseta? Pois precisamente porque esta nova sección estará dedicada a promocionar as nosas casetas de pino tratado en autoclave.
Nesta sección ofreceremos uns deseños básicos, cunhas medidas estándar e os seus prezos de referencia, para que os visitantes teñan unha idea do que podemos ofrecerlles.
Con todo, a cousa non queda aí. En Madeiras Lamas atendemos as suxestións dos nosos clientes, modificando o deseño das casetas, adaptándoo ás súas necesidades particulares.
Somos conscientes de que unha caseta pode estar destinada a usos diversos. Por iso, se o cliente necesita unha caseta máis grande ou unha porta máis ancha, para que haxa sitio para os seus utensilios, ou máis fiestras, para mellorar a iluminación natural, nós modificamos o deseño.
E iso non é todo. Ademais das vantaxes da personalización, poden beneficiarse das garantías da madeira tratada en autoclave, que non vai atopar noutros produtos sen tratamento ou con tratamentos superficiais.
As nosas casetas están preparadas e garantidas durante 10 anos para resistir o contacto directo coa auga e o ataque de insectos e fungos. Do único que se terá que preocupar é do mantemento da superficie, para que a madeira conserve a súa cor e textura durante máis tempo. A aplicación dun lasur da tonalidade que máis goste será suficiente.
Quen se ocupa da montaxe? Se desexa ser vostede o encargado de montar a súa caseta, pídanos un orzamento do material. Se quere, nós encargarémosnos de todo, orzamentando material e montaxe. O noso persoal, con experiencia en montaxes en obra pública e instalacións particulares, encargarase de construir a caseta.
Estamos á súa disposición para darlle máis información. Contacte connosco e atenderemos a súa solicitude.