Quen somos

A nosa empresa foi creada en 1997, dedicándose nun principio á venta de castiñeiro e de piñeiro tratado por inmersión.

En 1999 empezouse a traballar a carpintaría exterior con maquinaria especializada e o tratamento por inmersión foi substituido polo autoclave, aplicando un tratamento de nivel IV, proporcionando como mínimo unha vida útil á madeira de 10 años para pezas que estean en contacto co chan ou a auga.

Modificáronse as instalacións, renovando as naves e as oficinas, instalando aspiración a través de ciclón para silo e comprando tratores para o traballo forestal.

Todas estas melloras na nosa infraestrutura leváronnos a mellorar na calidade dos nosos produtos tanto para empresas como para particulares, especialmente no referente a paseos marítimos e obra pública, contando con tecnoloxía avanzada que nos permite procesar aproximadamente 10.000 m3 de madeira anuais.

Por último, a compra de secadeiros fainos máis eficaces á hora de acurtar os prazos de entrega, asegurando a calidade dos nosos produtos.

Entre estes produtos que lles podemos ofrecer e de xeito orientativo, podemos citar:

  • Casetas, estruturas en madeira, pérgolas.
  • Tarimas de exterior.
  • Bancos, mesas, papeleiras, carteis…
  • Varandas de diferentes modelos.
  • Rastreis de diferentes medidas.
  • Postes torneados.
  • Estacas rústicas para peches.

Ademais, como somos fabricantes, podemos producir casi calquera producto de piñeiro tratado segundo plano, respetando as preferencias dos nosos clientes.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies