Navegando polos artigos da categoría "Blog"

Casetas de madeira tratada en autoclave

Feb 9, 2012   //   por madeiraslamas   //   Blog  //  Sen comentarios

También puede leer este artículo en castellano

Construcción de caseta de madeira tratada en Narón (A Coruña)

Da mesma maneira que a caseta que poden ver á súa esquerda, un novo apartado da nosa páxina web está tamén en construción, a piques de ver a luz.

Por que unha caseta? Pois precisamente porque esta nova sección estará dedicada a promocionar as nosas casetas de pino tratado en autoclave.

Nesta sección ofreceremos uns deseños básicos, cunhas medidas estándar e os seus prezos de referencia, para que os visitantes teñan unha idea do que podemos ofrecerlles.

Con todo, a cousa non queda aí. En Madeiras Lamas atendemos as suxestións dos nosos clientes, modificando o deseño das casetas, adaptándoo ás súas necesidades particulares.

Somos conscientes de que unha caseta pode estar destinada a usos diversos. Por iso, se o cliente necesita unha caseta máis grande ou unha porta máis ancha, para que haxa sitio para os seus utensilios, ou máis fiestras, para mellorar a iluminación natural, nós modificamos o deseño.

E iso non é todo. Ademais das vantaxes da personalización, poden beneficiarse das garantías da madeira tratada en autoclave, que non vai atopar noutros produtos sen tratamento ou con tratamentos superficiais.

As nosas casetas están preparadas e garantidas durante 10 anos para resistir o contacto directo coa auga e o ataque de insectos e fungos. Do único que se terá que preocupar é do mantemento da superficie, para que a madeira conserve a súa cor e textura durante máis tempo. A aplicación dun lasur da tonalidade que máis goste será suficiente.

Quen se ocupa da montaxe? Se desexa ser vostede o encargado de montar a súa caseta, pídanos un orzamento do material. Se quere, nós encargarémosnos de todo, orzamentando material e montaxe. O noso persoal, con experiencia en montaxes en obra pública e instalacións particulares, encargarase de construir a caseta.

Estamos á súa disposición para darlle máis información. Contacte connosco e atenderemos a súa solicitude.

Obra na Toxa: un fogar para os burros fariñeiros

Set 27, 2011   //   por madeiraslamas   //   Blog  //  Sen comentarios

También puede leer este artículo en castellano

Di unha lenda, recollida na obra da insigne escritora Dona Emilia Pardo Bazán, que un asno sanou tras enfouzarse nas lamaceiras termais da illa da Toxa e probar as súas augas mineromedicinais.

Caseta para asnos na Toxa

Curiosa historia a deste burro. Certa ou non, o asno é un animal que servíu fielmente ao ser humano e a día de hoxe, por estas latitudes, corre perigo de desaparecer. No Concello de O Grove  puxeron en marcha un proxecto de preservación do burro fariñeiro e deron acollida na illa da Toxa a Emilia e Pardo, os peculiares inquilinos dunha finca situada nun lugar encantador.

O lector preguntarase: por que estes de Madeiras Lamas se poñen a falar de burros no seu blog? A resposta é simple: fomos os encargados de fornecer e montar a madeira tratada no novo fogar destes animais: unha caseta que fai a función de corte, outra que serve de almacén, uns valados con pasamáns, un portal, bancos para os visitantes, cartelería.

No Galicia Noticias Serán da TVG tamén fixeron mención á noticia. Poden velo a partir do minuto 24:

Nestas ligazóns teñen máis información e pódese ver parte do noso traballo:

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/09/04/0003_201109A4C7991.htm

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/09/16/preparadas-instalaciones-acoger-pareja-asnos-habitara-toxa/580760.html

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/09/25/0003_201109A25C11991.htm

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/09/24/burros-farineiros-adquiridos-concello-refugio-toxa/582816.html

Tratamento e clases de uso da madeira para exterior

Ago 23, 2011   //   por madeiraslamas   //   Blog  //  Sen comentarios

También puede leer este artículo en castellano

Carga do autoclave

O obxectivo fundamental do tratamento da madeira é o de previr o ataque de insectos destructores da madeira, como as termitas, así como o azulado e os fungos que a fan podrecer.

A madeira sen tratamento ou deficientemente tratada podrece ou é atacada por insectos con facilidade. Algunhas madeiras, xeralmente tropicais, ofrecen unha aceptable durabilidade natural, pero o seu custo é superior. Outras madeiras de uso común, como o abeto, poderían ser unha alternativa se fosen impregnables en profundidade, pero o abeto é unha especie refractaria, medianamente impregnable. O piñeiro combina un bo nivel de penetración e de retención para os tratamentos, xa que o sámago é impregnable e o seu cerne tamén se pode impregnar parcialmente.

Na meirande parte da produción de Madeiras Lamas utilizamos madeira de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) e piñeiro roxo ou rubio (Pinus sylvestris), especies cunha boa impregnabilidade para unha clase de uso IV. Para determinadas aplicacións e outras clases de uso tamén podemos tratar outras especies, como por exemplo vigas laminadas de abeto.

Os métodos de tratamento teñen a finalidade de encher as paredes e o interior das células da madeira co produto protector e favorecer a súa posterior fixación mediante reaccións químicas.

No noso proceso utilizamos un tratamento por vacuo-presión-vacuo coñecido como sistema de célula chea ou sistema Bethell.

Nos tratamentos a presión, o tratamento realízase sobre madeira previamente seca, facendo penetrar o protector de maneira forzada aplicando presión nun autoclave.

SISTEMA DE CÉLULA CHEA

Con este sistema búscase conseguir a máxima retención de protector na madeira tratada. A característica fundamental deste sistema é a aplicación dun vacuo inicial, que extrae o aire do interior da madeira e permite que penetre máis produto. O sistema Bethell é un sistema de célula chea, que consta das seguintes fases:

Sistema Bethell

  1. Vacuo inicial, para extraer unha parte do aire da madeira.
  2. Enchido do autoclave con produto protector.
  3. Aplicación do produto protector a presión, que ocupará o espazo deixado polo aire extraído.
  4. Baleirado do sobrante de produto protector.
  5. Vacuo final para equilibrar a cantidade de protector retido na madeira.

Posteriormente hai que manter a madeira tratada protexida da choiva e das xeadas, para conseguir a fixación do produto protector. Este proceso, dependendo principalmente do tipo de madeira e as condicións de temperatura e humidade, dura entre un e tres días.

Cando o produto protector está fixado á madeira, esta pode ser utilizada nas diferentes aplicacións, sen risco de deslavado.

Unha vez seca a madeira tratada (humidade da madeira menor do 25%) pode pintarse con pinturas con base disolvente ou lasures para madeira, para darlle unha protección extra contra axentes físico-químicos como poden ser o sol, as xeadas ou a acción de axentes corrosivos, como podería ser o cloro das piscinas.

PRODUTO PROTECTOR

Actualmente en Madeiras Lamas usamos Xylacel Impralit KDS, un protector de sales hidrosolubles de boro e cobre, que non contén cromo e arsénico, con rexistro na DGSP nº 11-80-04033.

CLASES DE USO

As clases de uso da madeira están definidas por normas internacionais que valoran o risco de ataque de axentes xilófagos, en función do lugar onde se instala a madeira.

No noso caso, as clases de uso están definidas nas seguintes normas:

UNE EN 335-1: Durabilidade da madeira e dos produtos derivados da madeira. Definición das clases de uso. Parte 1: Xeneralidades.

UNE EN 335-2: Durabilidade da madeira e dos produtos derivados da madeira. Definición das clases de uso. Parte 2: Aplicación á madeira maciza.

A información fornecida por estas normas é a base principal de coñecemento para poder determinar os axentes biolóxicos que poden atacar a madeira nunha determinada situación. En base a esta clasificación pódese considerar o tipo e a duración da prestación necesaria, seleccionar un nivel apropiado de durabilidade e asegurarse de que a madeira ou produto derivado da madeira ofrece esta durabilidade.

Os factores que serven de referencia para definir as clases de uso son que a madeira se atope en contacto co chan, con auga doce ou con auga de mar e tamén a súa exposición á intemperie.

Clase de uso I:

Situación na que o elemento está baixo cuberta, completamente protexido da intemperie e non exposto á humidade. A madeira e os seus produtos derivados acadan contidos de humidade de equilibrio inferiores ao 18%.

Clase de uso II:

Situación na que o elemento está baixo cuberta e completamente protexido da intemperie, pero na que se pode dar ocasionalmente unha humidade ambiental elevada que pode conducir a unha humectación ocasional (humectacións superficiais) pero non persistente. A madeira e os seus produtos derivados acadan contidos de humidade de equilibrio inferiores ao 18-20%.

Clase de uso III:

Situación na que o elemento se atopa ao descuberto pero non en contacto co chan. O compoñente pode estar permanentemente exposto á intemperie, pero en calquera caso está sometida a unha humidificación frecuente. A madeira e os seus produtos derivados acadan contidos de humidade de equilibrio superiores ao 20%, con alternancias relativamente rápidas nos seus valores ao existir períodos de humectación e de sequedade.

Clase de uso IV:

Situación na que o elemento está en contacto co chan ou con auga doce e exposto a unha humidificación permanente. A madeira e os seus produtos derivados acadan contidos de humidade superiores ao 20% durante longos períodos de tempo.

Clase de uso V:

Situación na que o elemento está permanentemente en contacto coa auga salgada. A madeira e os seus produtos derivados acadan contidos de humidade de equilibrio superiores ao 20% durante longos períodos de tempo.

As novidades, no blog

Xul 24, 2011   //   por madeiraslamas   //   Blog  //  Sen comentarios

Blog de Madeiras Lamas S.L.Hoxe en día as páxinas web adoitan ter o seu blog para anunciar novidades e compartir información cos usuarios.

Nós, agora que estreamos nova web, tamén queremos ter unha ferramenta de comunicación para manter os nosos clientes informados.

Usaremos este blog para comentar curiosidades acerca da nosa actividade, trucos para sacar partido dos nosos produtos e incluso para resolver dúbidas que vostedes mesmos poden consultar a través do noso formulario de contacto.

Blog Categorías

Participe!

Queremos que este blog sexa unha ferramenta de comunicación cos nosos clientes.
Se ten algunha dúbida técnica, pode poñerse en contacto connosco e publicaremos aquí a resposta.
Para solicitar presupostos, por favor, use o noso formulario de contacto.

Comentarios recentes

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies