Obra na Toxa: un fogar para os burros fariñeiros
También puede leer este artículo en castellano
Di unha lenda, recollida na obra da insigne escritora Dona Emilia Pardo Bazán, que un asno sanou tras enfouzarse nas lamaceiras termais da illa da Toxa e probar as súas augas mineromedicinais.
Curiosa historia a deste burro. Certa ou non, o asno é un animal que servíu fielmente ao ser humano e a día de hoxe, por estas latitudes, corre perigo de desaparecer. No Concello de O Grove puxeron en marcha un proxecto de preservación do burro fariñeiro e deron acollida na illa da Toxa a Emilia e Pardo, os peculiares inquilinos dunha finca situada nun lugar encantador.
O lector preguntarase: por que estes de Madeiras Lamas se poñen a falar de burros no seu blog? A resposta é simple: fomos os encargados de fornecer e montar a madeira tratada no novo fogar destes animais: unha caseta que fai a función de corte, outra que serve de almacén, uns valados con pasamáns, un portal, bancos para os visitantes, cartelería.
No Galicia Noticias Serán da TVG tamén fixeron mención á noticia. Poden velo a partir do minuto 24:
Nestas ligazóns teñen máis información e pódese ver parte do noso traballo:
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/09/04/0003_201109A4C7991.htm
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/09/25/0003_201109A25C11991.htm